5 de noviembre de 2010

O faiado



- Ola
- Boas
- Sempre me gustou mirar ó ceo
- A min o churrasco.
- O churrasco?
- Si, e as nubes
- Eu prefiro as estrelas
- Iso é porque nunca estiveches en Castela
- Non
- Alí prepara moi ben a carne
- O churrasco?
- Non, as nubes, gústanme as nubes
- Entendo
- Sobre todo nos días que fai sol e o ceo esta todo azul
- Eses días vense as estrelas incluso de día
- Incluso de noite


(...)


- Queres uns zapatos?
- Non, graciñas. Para o sol xa teño o chuvasqueiro.
- Dicíao porque acabo de mercar uns na xeladería da esquina, e preguntábame se ti quererias probalos
- Graciñas, pero co meu chubasqueiro ando perfectamente
- Iso está ben
- Claro, sempre hai que levar un chubasqueiro


(...)


- Cando durmo sempre me pregunto se me espertarán cun bico
- Iso nunca pasa
- Si, son cousas de contos
- Como o churrasco
- Como as nubes
- Cres que algún día pasara?
- Seguro, so fai falla que haxa alguén mais o teu lado, que ese alguén esperte antes ca ti, que queira amolarte o suficiente como pa espertarte pero non tanto como pa facelo movendote coa súa man
- Nunca pasará non?
- Non
- É inviable
- Totalmente
- E se o fixeras ti?
- Eu non te quero
- Certo


(...)


- Bailas?
- So a partir das 12
- Son as 12 e cinco
- Por iso non bailo


(...)


- Es feliz?
- Cada vez que tropezo
- E logo?
- Iso dalle emoción ó camiñar. Se sempre andivésemos sen problema o mundo sería moi aburrido
- Si, probablemente non habería guerras
- Nin futbol
- Deixariamos de ir o cine
- E non falemos do teatro
- Pois eu non
- Non tropezas?
- Tropezo. Pero non ando.
- Será do churrasco
- Ou das nubes


(...)


- Brilan
- O que?
- Os teus ollos
- Será por que te quero?
- Será polo colirio
- Pode ser
- Quéresme?
- Non
- Ti so queres churrasco
- Eu so quero tropezar
- Se aínda andiveses
- É o malo de ser un cadro, tes moitas horas para falar, pero non podes andar nin comer churrasco.
- E estas tan lonxe da ventá que non ves as nubes.
- Serán as estrelas?
- Non o sei, estamos nun faiado


(...)


- Mañá será outro día
- Non cho creo
- Eso di o Meteosat
- A ciencia so engana os ignorantes
- Entón que será mañá?
- Outro día, naturalmente...
- En serio?
- Iso di o Meteosat
- E da nubes?
- Non da nada, so a hora
- Pois vaia un satélite
- O Meteosat é ese reloxo de ahí adiante
- Iso é un debuxo
- Agora me explico a falta de funcionalidade atmosférica
- Pois onte dixo que chovería
- E choveu?
- Non sei, estamos nun faiado
 
Free counter and web stats