12 de abril de 2011

Quen?



Quen sangra pola miña ferida?
Quen me regala a ilusión?
Quen sopra no vento cando non se move unha folla?
Quen xoga comigo ao escondite?
Quen anda detrás cando no corredor da casa sentimos que nos seguen a escuras?
Quen escondeu os meus zapatos baixo a cama?
Quen leva regadeiras ó sol?
Quen corre unha contina de vapor sobre o ceo?
Quen me abraza?
Quen recolle as margaridas da primavera no campo?
Quen limpa os teus desastres?
Quen me empurra?
Quen separa os meus pes do chan?
Quen me mete o dedo no narís?
Quen se tira a rolos pola herba?
Quen vende mulleres en venda?
Quen compra o que se poida comprar?
Quen enfría a miña habitación?
Quen quenta as rúas?
Quen enche o meu vaso?
Quen o vacía?
Quen leva a auga a miña ducha?
Quen sorrí detrás da seguinte esquina?
Quen lle deu de beber ó piano de Tom?
Quen nace para loitador de sumo?
Quen da e quita o honor?
Quen critica a miña obra?
Quen me odia?
Quen me di que perdín cando gañei?
Quen son os meus amigos?
Quen es ti?
Quen ata o meu pe o chan cando os globos tiran de min cara o ceo?
Quen baila no centro da sala de baile con ese vestido branco?
Quen morre a diario?
Quen súa cando neva?
Quen corre cando fai sol?
Quen pranta bandeiras na lúa?
Quen é a noite?
Quen nos observa dende o espacio exterior?
Quen me quere?


Quen?


Ken non!!! Richard Clayderman!!!
 
Free counter and web stats