17 de diciembre de 2010

Rosa Rosae Rosa


As veces unha rosa é o mellor xeito de dicir mil palabras. E non depende da rosa nin da cor. Nin tan sequera de que sexa un capullo ou xa estea aberta. Simplemente é unha rosa. 

Que di unha rosa? Di o que queiramos que diga. Teñen a extraña propiedade de ser capaces de murmurar na nosa orella o que queremos escoitar. Uliscámolas e transpórtannos a un mundo onde non existen problemas. E cando unha rosa é unha rosa aparecida, daquela, é quen de dicirnos sen palabras todo o que non se pode expresar con elas.

Ir andando pola rúa e topar cunha rosa que sabes que é para ti. Vela nunha esquina e saber que é para ti. Vela nun banco e saber que é para ti. Vela no asento do copiloto e saber que é para ti. Ti tes un bo día, ou malo, ou simplemente estas cansada. Si, iso, ti estás cansa e non podes mais, so soñas coa cama e as sabas de franela envolvendo o teu corpo como un regaliño para a vista e todos os outros sentidos. Co calor e o benestar da compañía. Entón ves a rosa. Esta silba unha canción (a que a ti mais che gusta) e as pernas deixan de pesar, o cansanzo torna alegría e a cara seria nun sorriso que precisa dunha cara máis ancha para expresarse en plenitude.

Pensas, tal vez, non merecela. Pensas que que bonito que esa rosa camiñase ata ahí para verte. Deberías de saber que merecerías un rosal enteiro. Todos o deberiamos merecer. Todos deberiamos atopar rosas por todas partes para que nos alegrasen os malos días con cantigas. Pero entón, se isto sucedese, as rosas deixarían de selo, e atopalas pasaría a ser unha rutina. Deixarían de cantar para nos. 

Deixarían, simplemente, de ser rosas aparecidas.
 
Free counter and web stats