29 de septiembre de 2010

Os dereitos dos traballadores

Hai que recordar que aínda que estea convocada unha folga xeral entodo o estado español para defender os intereses da clasetraballadora, existe o dereito a seguir sendo explotado... perdón, odereito a traballar. Se es dos que queres exercer o dereito atraballar, non esquezas que tamén existen outro tipo de dereitos queninguén debe arrebatarche:

- Dereito a que che alonguen a idade de xubilación ata os 67 anos oumesmo aos 70, aínda que esteas para o arrastre. Fundamental.

- Dereito a que che suban os anos de cotización para que poidas cobrarmenos xubilación. Que non che quiten este dereito.

- Dereito a que che baixen o soldo. Deféndeo.

- Tamén tes dereito a que te despidan se o teu xefe previu perdas(díxollo a bruxa Lola) para o ano que vén. Isto é importante.

- Non esquezas o teu dereito a que o teu xefe se poida saltar oconvenio e ofrecerche unhas condicións de traballo individuais pordebaixo dos mínimos estipulados en convenio.

- Defende o dereito a que te poidan despedir en catro días, a pesar deque decidises traballar nun día de folga.

- Correspóndeche o dereito a que te despidan por case a metade de diñeiro.

- Dereito a pensar que non imos conseguir nada coa folga. É mellorquedarse quietos e non facer nada. Aguantaremos co que veña e xa está.É polo noso ben.

- Que ninguén che quite a ilusión de herdar a empresa. Estaría bo.

- Tes dereito a poñerte en lugar do empresario. Cantos problemas ten,non como ti, egoísta.

- Non renuncies ao dereito de entregar o teu diñeiro (diñeiro público)aos bancos, para que se poidan facer recortes en gastos sociais einfraestruturas. Para que queremos tantos hospitais ou escolas? Oprimeiro é a banca, que está a sufrir moito.

- Pero sobre todo, que ninguén che quite o dereito a deixar un mundopeor para os teus fillos, dilapidando os poucos dereitos que nosquedan e que os nosos antepasados conquistaron con sangue, suor ebágoas. Que lles dean por saco, di que si.

24 de septiembre de 2010

Simplemente como unha muller

Ninguén sinte xa ningunha dor
esta noite, mentres eu agardo baixo a choiva.
Todos saben que esa rapaza ten vestidos novos,
pero últimamente vexo que as cintas e os lazos
caeron xa do seu pelo.


Mentres ela aguanta como unha muller
fai o amor como unha muller
sufre como unha muller
pero despois vai e derrúbase como unha nena pequena


Esta raíña María da que vos falo é a miña a miga
e penso que voltarei a visitala
Pero ela mesma non poderá salvarse
ata que se dea conta de que é igual que todas as demais
Coa súa néboa, as súas anfetaminas, as súas perlas...
Pero iso si...


Aguanta como unha muller
fai o amor como unha muller
sufre como unha muller
pero despois vai e derrúbase como unha nena pequena


Chovía dende o comezo
e eu, mentres tanto,
morrendo de sede.
Así que entrei aquí, e a túa eterna madición proe.
Pero o que é peor é esta dor
e que non podo ficar máis tempo aquí
ou é que non queda claro que non encaixo?


Penso que é o momento de que o deixemos,
pero, cando volvamos a atoparnos,
e nos presenten como amigos
non deas a entender que me coñeces de fai tempo
de cando estaba famento e pertencía ó teu mundo


Porque finxes como unha muller
Fas o amor como unha muller
sufres como unha muller
e logo vas e derrúbaste como unha nena pequena




6 de septiembre de 2010

Hule osiño de peluxe



Hule é pequeno de máis para ser un osiño de peluxe. E caelle o narís por non estar ben pegado. Está cheo de la que forma nobelos no seu interior coma se fosen nubes misturándose no ceo.

Non lle gusta ir á lavadora. Alí sempre lle cae o narís. Enchoupa de auga e colle constipados cando a nai dela o colga a secar polas orellas. Sempre a bota de menos durante o centrifugado, cando a cabeza non lle para de dar boltas coa sua imaxe inmóbil no centro.

Ela tamén o estraña. Pregúntase 

¿E se lle doe?

Pensa nas suas orelliñas 

¿E se lle doen as orellas das pinzas? 

Pensa no tempo que el pasa so, pendurado na trandeira. Bótao de menos os luns cando marcha de casa dirección á universidade. Entón é luns e el está tan lonxe...

As veces méteo debaixo das sabas con ela, húmido, tal como sae da lavadora. Apértao forte mollando o seu peito coa auga das entrañas del. Aprétao para que Hule non chore mais que ela sexa xa grande. Que a pesar do paso do tempo o sigue querendo. Que, aínda que non ten idade para xogar con vellos osiños de peluxe, el segue sendo o seu máis fiel compañeiro.

Apértao forte par mostrarlle que o quere tanto como el a ela. Tanto como so os osiños poden querer ós nenos, que lles perdoan ata a dor das pinzas.

Tanto como Hule e ela se queren.

Baseado nun poema de María Lado

5 de septiembre de 2010

Patriotismo



O teu pelo estilo francesiña,
as túas pestanas, as túas pupilas que crecen ó mirarme como dous pozos negros sen fondo,
o teu peroné, a túa tibia, o teu fémur, a túa perna enteira. 
O teu naris, os teus cinco ou seis quilómetros de frente,
os teus nocellos, as túas axilas, o teu menisco, a túa aorta, a túa pel de laranxa.


A túa gorxa, as túas pálpebras decoradas con pinturas de guerra, as túas cellas,
as túas plantas dos pes que a penas rozan o chan, a túa comisura
os teus cabelos, o teu coxis, as túas orellas escoitandome,
os teus nervios cando te pos dos nervios, a túa matriz, a túa desordenada dentadura.


As túas enxivas ó sorrir, as túas nádegas a todas horas, os teus tendóns,
a túa rabadilla, o teu ventre onde me acubillo, as túas costelas por fin ocultas,
os teus húmeros, a túa pube, os teus talóns.


A túa clavícula, o teu cráneo escondendo misterios, a túa papada,
o teu clítoris, a túa alma por descubrir, as túas cóxegas en todo o corpo.


Esa é a miña patria. Derredor non hai nada.
 
Free counter and web stats