4 de enero de 2011

Reflexos perdidos


É de noite. As luces pasan rápido polos cristais do coche. A auga distorsiona esa luz converténdoa nun brilo difuminado no vidro. Ó lonxe a cidade. Máis cerca o seu pelo. Ti mirando á cidade na noite. A cidade iluminando os seus ollos. As súas antigas torres como agullas no ceo escuro da noite.

Descobres a túa man na dela. Non sabes por que. Ela acariñandocha, gústache. Miras cara adiante. Os reflexos da auga fan que non vexas as liñas na calzada. So un camiño de luz. Sorrí.

... detrás de un montón de reflejos perdidos ...

Cantan nos altavoces.

... la radio suena y dan las siete en el despertador ...

Míroa. Sorrí. Apreta a miña man. Miro de novo á estrada. Apreto eu a súa.

... café con leche y tu llamada en el contestador, como una melodía ...

Non fai falla dicirnos nada, so mirarnos. Miroa. Miro á estrada.

... yo era un poco torpe y tu ibas tan lanzada ...

Miro o contaquilómetros e non podo evitar bosquexar un sorriso. Marca 80. Cantas veces recorriches esa estrada? Cantas veces fuches sobre ese mesmo asfalto a 130?

... una caricia en la orilla ...

Daste conta de que o teu subconsciente foi descuberto polo teu consciente nunha maniobra chea de lóxica. E baixas a 75 non vaia ser...

... siempre me gustó, por cierto, tu sonrisa, nunca olvidaré el perfume de tu pelo, yo era un poco niño y tu eras tan chiquilla ...

Rotondas, desvío e todo recto. Rotonda. Urbanización. Paro. Sorriso.

... y me llevaste al cielo ... 

Bicos. Despedida. Ata mañá. Miradas. Urbanización. Rotonda. Recto. Desvío. Rotondas. 130. 140. Rotonda. Desvío. Porche mollado pola choiva. Apago as luces. Apagó o coche. Saco a chave. Deixan de soar os altavoces.

Mañá será un bo día. Voltarei á carretera contigo de copiloto.

Con todo o que iso significa.

0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats