Hai noites nas que espertas ás 3:30 da mañá e non sabes por que. Deitacheste tarde (a iso das 2:00) porque estiveches vendo series ata esa hora ante a falta dun plan mais estimulante nun sábado á noite, e, sen saber como, espertas as 3:30 da mañá.
Non recordas o que soñaches en absoluto. Non tes a menor idea. So sabes que estás durmindo en calzóns enriba das sabas e aínda así sudas. Nese momento, habitualmente, á nosa cabeza acoden pensamentos húmidos, sudorosos, e non precisamente de índole sexual. So podes pensar na calor que fai, en que non hai quen pare na cama, en que non hai quen durma. Finalmente acabaste durmindo ó cabo dunha hora e espertando á mañá seguinte bañado en suor.
Dixen que iso é o que pasa habitualmente. Porque hoxe, a esta hora (case as 4:00 da mañá) podo dicir que espertei hai aproximandamente media hora e aínda que estaba suado á miña cabeza non veu pensamento algún de que calor fai, que non había quen parara na cama ou que non houbera quen durmira. Non recordaba o que soñara, pero si que so podía pensar nunha única cousa.
Obvia dicir que cousa era. E tal era o punto de non poder parar de darlle voltas á cabeza pensando nela que tiven que prender a luz, encender o ordenador e poñerme a escribir este post. Sei que expresar esto aquí non arranxará nada. Que agora voltarei para a cama e o insomnio veraniego de suores na frente non terá desaparecido. Que a miña cabeza seguirá pensando no mesmo (e que nalgún momento para de facelo?) e que me costará probablemente un bo rato durmir. Pero debo dicir que por primeira vez na miña vida precisaba contar ó mundo un pensamento que me veu ó espertar de madrugada. Porque é moi bonito descubrir como un día de verán espertas na noite pensando en algo, que non sexan maldicións contra a temperatura, e descubrindo cousas que sabías certas e che confirma ese feito, mentras as pensas.
Así que ó igual que en Reservoir Dogs non aparece unha soa imaxe do atraco sendo unha película que narra os acontecementos dun, neste post non contarei o que pensei. So unha clave.
So que pensei en combinados alcólicos con denominación de orixe estranxeira e selo de Galicia Calidade.
1 queixas sen sentido:
Espertar unha mañá de verán sentindo a súa calor. Ela aperta forte a almofada. Sempre viaxa cunha almofada na maleta porque volveu á infancia. Non queda a dumir si antes non aperta forte a súa almofada viaxeira. Aperta forte forte..como pedindo un desexo.
Publicar un comentario