5 de julio de 2010

"Area" ou "Días de praia"


O sol pegáballe na cabeza coma un matamoscas aplastando un mosquito. Paseaba pola beira da praia. Xusto nesa zona na que a area está húmida e dura pero á que non chega a auga das ondas. Hule ía perdido nos seus pensamentos. Tres días de festa. Moita resaca. A brisa do mar era reconfortante no seu peito e cara. A area fresca baixo os seus pes pracenteira ata límites que rozan o inmoral.

Hule pensaba. Non sabía moi ben en que pensaba. Nin o que sentía. O estómago revolto dáballe voltas. Doíalle a cabeza. Aínda así os seus pensamentos voltaban continuamente onde sempre. Miraba ó infinito. esa pequena liña que se debuxa ó lonxe no mar. A xente rodeábao paseando coma el, pero el sentíase so. Os seus amigos esperábano na toalla. Pero el sentíase so.

E era feliz. Sabía que esa soidade non duraría moito. Era feliz, sabía que estaba nun bo momento. Era feliz, a area baixo os seus pes. Era feliz, a brisa na súa cara. Era feliz, o sol queimando a súa espalda.

Deitouse na toalla. Pechou os ollos. Pensou sen pensalo e así pasou o día. 

Cando chegou á casa, o único que quedaba da praia era a area que se lle metera ata o rincón mais insospeitado do corpo e que a ducha se encargou de desterrar para sempre da súa vida.


1 queixas sen sentido:

Carla Capeáns dijo...

Durmía cunha almofada.
- Tes frío?
- (...)
- Quérote

Sentía a area dos seus pes, o vento rozando a súa faciana, o meu pelo voando entre os seus dedos. Pensei sen pensalo e aparecín noutra cama sen a miña almofada.

- Extraviáronme a equipaxe
- Aquí ten o formulario, escriba, escriba.

E escribín no formulario dunha almofada perdida "Aínda que sexa aquí, tamén te necesito".

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats