30 de abril de 2010

Hule can coma ti


Hule quería ser un can coma ti. Así podería vivir sen pensar todo o tempo en ti. Sen pensar mais que en atopar algunha cadeliña en celo que quixera compartir con el cariños e sudores, para así non botarte de menos. Podería pasear polo parque sen deixarse a cabeza e a vista o verte pasar. Podería simplemente rexeitar un pensamento de quererte. Simplemnte sería feliz mexando nun árbol, marcando así o seu territorio. Indo o bar da esquina para que lle deran as sobras, os osos dos filetes que os clientes deixaran do menú do día.

Aínda sendo un can, sabía que acabaría colocando algún ladrido na porta da túa casa, para ver se te asomabas, o acariciabas e o facías feliz. Hule quería vagar cada noite por unha rúa, non preocuparse por ningún traballo, descansar canto quixera e cando quixera. Xogar coa neve e co xeo na mañanciña. Durmir baixo unha ponte ou detrás dun contenedor. Coller o sono escoitando as conversas da xente pasar pola rúa,  o seu carón, despreocupada.

Vivir sen ter que preocuparse de nada, sen ter que aguantar a un xefe que lle tocara os huevos. So mexar nun árbol para marcar o seu territorio, xuntarse cun grupo de cans amigos e montar una festa de ouveos.

0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats