27 de abril de 2010

Hule rockeiro




Hule tivo unha época na que escoitaba rock sen parar. Ía ás praias de Compostela, e mentres buscaba no ceo estrelas coas que quedarse absorto, enchufaba o seu ipod e as guitarras eléctricas, baterías, baixos e voces desgarradas enchían de son os seus oídos acalando ó fero mar entre os campanarios. 

De vez en cando sorprendíao unha canción coa que se identificaba nese preciso momento máis que con nada no mundo. Iso pasoulle un día  con Mi estrella de Albertucho. Aínda que era todo o contrario ó romanticismo que embargaba a súa busca, ese día sentía que so desexaba facer o que dicía a canción. Que estaba farto de ser Hule o bo, que quería trasgredir. So desexaba saírse das normas establecidas, do que todo o mundo esperaba de el.

Estaba farto de ser Hule o boiño, o que nunca fai nada saído de tono, o que sempre era previsible. Ese día estaba farto de esperar mirando, quería abalanzarse sobre  a primeira estrela que lle gustara e facela súa por esa noite. Desexábao tan fervorosamente...

Levantouse, disposto a saltar a pola primeira estrela que vira, aínda que alumeara cada noite a un diferente, aínda que non fose a que levaba tanto tempo buscando, aínda que nin sequera lle gustara moito. Non importaba nada. Estaba farto de contar cuentos que a nadie interesan.  En pe, os músculos das súas pernas tensos, dispostos para un salto inminente, os seus ollos atentos a cada estrela na que se pousaban. Viu unha que non estaba mal. Ía pasar a acción cando de súpeto a canción rematou e o seu  corpo como por encantamento se relaxou. Sentouse no chan, sen poder controlar os seus movementos, mentres  nos seus oídos comezaba a sonar o seguinte tema do disco.

Entón, mentres Albertucho cantaba porque aunque no sea virgen yo la tengo en un altar... , deuse conta da tontería que estivera a piques de cometer e volveu empezar a súa busca dunha estrela que o fixese feliz. El o único que quería era ter unha ratonera de mis sueños, en mi cuarto el mundo entero y un florero de jardín como rezaba a canción, so para compartilo coa súa estrela pequeniña e redonda que brilase dentro del mais que o resto das estrelas do firmamento.


0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats