22 de abril de 2010

Hule tecla F2


0 ... 1 ... 0 ... 1... 0 ... Iso era todo o que Hule sabía facer. Enviar uns e ceros á placa base. Noutra época, cando vivira noutro lugar sentira o calor dos dedos pulsandoo. Xa había tempo que non tiña esa sensación. Ser unha tecla nun ordenador de segunda man non era o soño de vida de calquera compoñente dun teclado. Se aínda fose o intro, ou a barra espaciadora, sentiría golpes e caricias a diario. Pero non, el nacera tecla F2. E, aínda que hoxe en día todo o mundo tiña un ordenador na casa, ninguén se acordaba xa de Hule. As teclas efes eran un descoñecido para o gran público. Ninguén reparaba nelas máis do que se repara nas teclas multimedia dos novos teclados. Xa case ninguén empregaba o control + outra letra para facer nada. Noutra época fora diferente. A xente que manexaba os ordenadores era unha elite. Uns elexidos que controlaban cada un dos pequenos resquicios e trucos do mesmo para optimizar os tempos de funcionamento. Naquel entón, a xente era capaz de manexar un computador coa simple axuda do teclado. Cada vez que alguén lle quería cambiar o nome a un arquivo acudía a el. Tocábao e cun pracer indescriptible el enviaba o sinal binario á CPU, o texto aparecía subliñado e o usuario podía cambiar o nome do arquivo seleccionado. 

Había tempo que eso non sucedía. El era unha tecla olvidada que  pasaba o día pensando na súa vinganza contra o mundo. Canto máis grande era a capa de po que se pousaba sobre el, máis grande era o seu autoodio, o seu rancor. Sentíase feo, diferente. Non se sentía importante nin querido. Por eso, cando por fin un día, tal vez por erro, alguén tocou a Hule, este sabía moi ben o que ía facer. Pasaría á posteridade por ser a primeira tecla en mandar un 2 á placa base. Non un 1 nin un 0. Un 2. E fixoo, provocando un curtociruito que queimou a CPU. A moi parva! Nunca lle fixeran pensar que había mundo máis alá do que estaba programada. Nunca pensara que se podía pensar diferente.  Ardeu, levándose por diante a Hule e todos os seus compañeiros de teclado. 

Na tenda de informática dixeron que o ordenador era vello e que se recalentara, que era algo normal. Ninguén soubo nada da fazaña intelectual e rebelde que Hule acometera e o resto dos ordenadores continuaron pensando no seu binario código. Non houbo revolución, e Hule nunca chegou a saber que detrás do 2 viñan o 3, o 4 e o cinco e tantos números que non se podían contar en mil vidas. 

De vez en cando sucede que algún ordenador se requenta súbitamente o pulsar unha tecla. Cando vos chegue unha idea diferente do normal, cando vos saquen dos vosos esquemas, meditade sobre eso e pensade que tal vez non sexa tan malo non seguir os cánones establecidos. Non queimedes a vosa CPU, refixeradea cada día con ideas frescas e descubriredes un mundo de posibilidades computacionais. Non vaia ser que a vosa CPU arda, sen chegar tan sequera a contar ata mil.

0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats