3 de junio de 2010

Apoteose do traballo (en verán e antes do café)


Os Smiths cantan o pánico das rúas de Londres mentres el viaxapolo mundo dende a súa cadeira de traballo. Os cascos Sony reproducen á perfección todos os matices da canción. A súa mirada fixa na pantalla chea de liñas de código, a súa vista en lonxanas praias e campos.

Os seus pensamentos voando e hang the Dj hang the Dj hang de Dj… Remata a canción. Por un momento volve a aterrar na oficina. Aquel traballo abúrreo. Comeza a seguinte canción: Brown eyed girl, a versión orixinal, a de Van Morrison. Intenta concentrarse. Non o consegue. Tras ler outras dez liñas de código e 4 erros de compilación a súa mente volve a marchar de paseo. Nunca acabará aquel programa.

Shalalalalalalalalalaladida... e sinte a area ardendo nas súas costas. Mira o ceo. Está despexado. So unhas nubes brancas, como de azucre empanan o seu azul. Do you remember when we used to sing? E mira o seu carón. Ninguén. Mira ó outro lado. Alí está. Mírao e cántalle. Pero a música vai desaparecendo nun fade out coa sua imaxe.

Salta o Spotify cos seus ridículos anuncios. Ponse de novo a traballar. Arranxa 3 dos problemas da súa aplicación.

Putas librerías e links de merda. –Pensa-.

Non acabará nunca este puto anuncio? –Pensa-.

Xa so faltan 10 minutos para a hora do café. –Pensa-.

Pulsa a tecla f5 e o programa empeza a compilar. A aplicación execútase. En principio parece que funciona todo o que corrixira. Acaba o anuncio. Soa we’re caught in a trap. I can’t walk out because I love you too much baby nas cordas bocais de Elvis. Por un segundo pensa nas mentes sospeitosas das que fala a canción. Mira o reloxo. Dáse a volta, dálle un toque ó seu compañeiro.

Cafele? –Pregunta-

Vamos –Responde-

Levántase e vai por fin tomar café.

0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats