29 de mayo de 2010

Historia do bufón a princesa e a bola


Érase unha vez a princesa Pepa. Non a coñeceredes, xa que, que eu saiba, non saiu en outro conto debido a que era moi tímida e non se atrevía a pedir a vez. A princesa Pepa tiña un bufón con chepa. El era feo, enano e cabezón, pero amábaa con toda a paixón coa que un bufón pode amar a unha princesa. Pobre bufón. Pois sabía que nunca podería estar co seu amor.

E na silenciosa noite escoitouse un sospiro.

-Quero á princesa nunca, nunca, nunca a poderei alcanzar. O mellor será, ai de min!, pegarme un tiro.

Entón disparou contra o seu padal. Pero como era un bufón a pistola en lugar de bala disparou unha bola, que era un caramelo de limón, agridulzón. E non se matou, nin nada de nada. Simplemente se deitou sobre o seu leito e apoiou o seu cabezón sobre a almofada. Saboreando a bola ficou dumirdo e soñou.

A princesa prestábase entón a todos os seus anhelos, e el era alto e gapo, pouco mais ou menos un principe azul, que a despoxaba dos seus sete velos, que eran naturalmente de tul.

Esta é a ensoñación de alguén que consume opio. E o bufón dáballe ó opio un uso propio, xa que o mezclaba con mel e limón, e un pouco de ron.

Tiña un bufón, a princesa Pepa, que se quitaba a chepa empregando unha bola. Sen a bola, a cousa xa era outra cuestión (atroz cuestión).

E na silenciosa noite escoitouse un sospiro.

-Quero á princesa nunca, nunca, nunca a poderei alcanzar. O mellor será, ai de min!, pegarme un tiro

Entón disparou contra o seu padal.

A princesa prestábase entón a todos os seus anhelos, e el era alto e gapo, pouco mais ou menos un principe azul, que a despoxaba dos seus sete velos, que eran naturalmente de tul.

Tul ilusión para un bufón.

Traducción "adaptada" da canción de Javier Krahe:
El bufón, la princesa y la bola

1 queixas sen sentido:

Carla Capeáns dijo...

Eu salto e salto moi alto para poder alcanzar. Levo toda a miña vida saltando sen lograr alcanzar nada.

E si sento e nons salto?
Sentei, erguín os brazos e alcancei.

- Que alcanzaches?, díxome
- Unha estrela.

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats