14 de mayo de 2010

Hule mensaxe sen resposta

Cando Hule deixou de ser mensaxe velada para pasar á acción, deixou de recibir resposta. El tomou todas as formas posibles para intentar transmitir o seu contido. Viaxou a través das ondas dunha mensaxe de móbil; viaxou a través dos uns e ceros dos cables do ADSL en forma de "mensaxe privada online"; viaxou a través dos pensamentos del durante días. Todo sen resposta.

Hule pensaba que tal vez todo fose cousa de tempo, que ela precisara tempo pa asimilar o contido das mensaxes e poder respostalo firmemente. E aínda que pensaba que isto era o que acontecía o silencio taladrábao por dentro sen compaixón.
Cando paseaba polas rúas da cidade, so miraba entre as esquinas por ver se a vía, e nunca a vía. Cando espertaba buscaba resposta insistentemente, e nunca atopaba resposta. Deuse conta de que quizais por tanto buscala non a atopaba. Debía pasar como con esas pequenas cousiñas que perdemos pola casa, que canto máis as buscamos mais dificil é que as atopemos. Pero cando as deixamos de buscar elas veñen as nosas mans soas.

Pero sabendo todo isto, Hule so podía pensar nunha resposta, porque moito peor que un non, un tal vez,  ou un preciso tempo para pensalo, sempre o será unha ausencia de resposta. Aínda que hai ausencias que din máis que mil palabras ben fiadas.

1 queixas sen sentido:

Carla Capeáns dijo...

Quizais experimente un medo insuperable ante cada unha desas mensaxes privadas "online" que tinguen de verde as pupilas dos seus ollos.

Ou quizais esa posible resposta estivera soñando baixo as sabas de cores.

Será mellor parar o tempo. Tempo para facer limpeza a fondo dese caixón desastre. E para que? Para que eses recordos de escaleira xamais se camuflen entre os milleiros de maletas dun aeroporto europeo.

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats