2 de mayo de 2010

Hule bolboreta estomacal


Cada vez que el a vía, Hule comezaba a revolotear no seu estómago, facéndolle cóxegas, e informándolle de que efectivamente ela era ela. Ninguén sabía como aparecera no seu estómago. O caso e que Hule estaba todo o día alí, apoiado na parede do mesmo e agardando a que un pensamento sobre ela fose transimitdo dende o cerebro. Agardando a que o impulso eléctrico transimitdo polo nervio ocular circulase polo sistema nervioso ata facelo saltar e revolotear coma un tolo.

Cando el a vía, Hule comezaba a voar chocando contra as paredes do estómago, facéndolle pensar que dentro tiña centos de bolboretas, cando so tiña unha. Cando tes a Hule dentro non hai dúbida do que está a acontecer. Cando a ves, e Hule empeza a dar voltas, sabes que non debes perder mais tempo, que esa sensación non marchará facilmente.

Pero moitas veces é precisamente ó sentir a Hule dentro cando o medo de sentirnos tan desprotexidos diante de outra persoa nos impide ser o que somos, sentir o que sentimos, realmente con ela. Impídenos facer o que desexamos facer con ela.

1 queixas sen sentido:

Carla Capeáns dijo...

As bolboretas son paxariños de cores que queren voar. Queren voar ben alto! Ata a máis pequeniña quere voar...

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats