25 de mayo de 2010

Hule do revés


A Hule sempre lle gustou facer as cousas do revés. Aburríalle ver como todo o mundo facía todo do mesmo xeito. Como todo o mundo seguía unha orde e criterios preestablecidos. El prefería que as cousas fluísen. Que todo fora naturalmente segundo saía. Non se preocupaba en artificios programados polo socialmente establecido.

Se un día tiña fame as seis da tarde porque acababa de se erguer e non xantara aínda, ía comer ó bar mais próximo sen importarlle as miradas da xente ó velo pedir un prato combinado, so, con olleiras e a tal hora.
Nas relacións coas persoas tamén tiña un xeito peculiar de comportarse. Nunha primeira instancia custáballe un pouco coller confianza. Pero o pouco esta subía como a espuma, sorprendendo a moitos por unha escalada tan rápida, xa que a xente precisaba, xeralmente, dun tempo maior e mais progresivo de adaptación ó outro.
Rodábanlle a cabeza moitas cousas que o distraían. As veces pensaba demasiado en posibles consecuencias dos seus feitos e importáballe demasiado o que pensaría o resto da xente. El detestaba cando isto lle pasaba, pero é unha actitude tan humana que é case inevitable que nos inflúa.

Encantáballe escoitar, e facíao, aínda que moitas veces lle cabrease o que escoitaba. El daba a súa opinión sen agardar que a outra persoa tomara nota, sabía que cando menos as súas palabras estaban xa gravadas no subconsciente da persoa irremediablemente. Que cando volvese a pensar no que acababa de dicir, aínda que fora moi vagamente, as súas palabras terían un eco no seu cerebro.

O que menos lle gustaba da súa forma de actuar era a confusión que ás veces creaba nas persoas que o rodeaban. Sen el buscalo, moitas veces, a xente sentíase perdida o seu carón, coas súas accións e as súas palabras, non sabía moi ben por onde ía. Isto provocaba nel unha inseguridade tal que o levaba a non facer as cousas que desexaba (o non saber el tampouco os pensamentos dos demais), provocando aínda máis confusión na outra persoa. Era como un círculo vicioso do que el case nunca sabía como saír.

Ata que aquel día a invitou a un concerto decidido a facer algo do dereito…

0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats