4 de mayo de 2010

Hule no avión


Hule miraba as nubes dende a súa fiestra. Non era a primeira vez que voaba, pero era especial. Sentíase coma un neno que monta nun aeroplano por primeira vez. Non sabía que era o que lle producía esa estraña sensación de excitación interna. Tal vez fose o destino, tal vez a viaxe. Que era máis importante? cara onde imos  ou a viaxe que nos conduce a ese sitio?

El ía comodamente recostado contra a parede do avión. Os seus ollos pechados. So os abría de vez en cando para observar as nubes como as debía de ver Dios. O seu lado ela, durmindo tranquila. A boca un pouco aberta nun durmir despreocupado. O importante era o destino sen dúbida, a semana que ían pasar por aquelas terras, o que a ían desfrutar. Con estes pensamentos na cabeza, imaxinando o que farían nesas vacacións improvisadas e a pesar do emocionado que se atopaba, o sono de madrugar para chegar ó aeroporto acabou por vencelo. Pechou os ollos e ficou durmido, mirandoa, respirando a súa respiración.


0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats