27 de mayo de 2010

Hule roda de camión


Xirar e xirar. Hule non comprendía como o exemplo do xiro infinito eran as norias. Cantas veces no ano ve unha persoa unha noria? Un par de veces se é que na súa cidade vai unha en festas. En cambio, cantas veces ve unha persoa a roda dun camión? El levaba vintemil quilómentros no caucho, e seguía vigoroso. Os seus surcos eran cada vez menos notables pero seguíase agarrando ó asfalto coa forza dos cimentos ó chan.

Encantáballe rodar. Xirar e xirar. Gostaba especialmente dos días de choiva nos que circulaba por autopista. O asfalto limpo, a auga facéndolle coxegas nos seus lugares mais íntimos. E xirar, e xirar... A alta velocidade, sen parar en centos de quilómetros. Bicos e mais bicos de asfalto, o seu primo, o alquitrán, e el nun baile de mil xiros e voltas.

Detestaba os días nos que o metían no barro. Non era firme, afundíase dentro, emporcábao, esbaraba e non era capaz de sair. Por máis que o intentaba non lograba agarrarse. En lugar de bicalo escapaba  de entre as suas mans. A súa composición plástica non servía para nada fronte á inestable terra mollada. Eso cabreábao moito. Enfadabao a el e a todo o camión. O embrague empezaba a botar fume de raiba, os freos bloqueaban as rodas, as marchas tiraban con demasiada forza das rodas.

Hule estaba orgulloso de ser unha roda con tracción. El sabía que a tracción viña do motor, e do eixo, que el pouco facía. Sen embargo o feito de ser el quen tocaba o chan, de ser el que arrastrba as 50 toneladas de camión enchíao de satisfacción. Eso debía ser o summum de ser roda sen dúbida. Un traballo hercúleo so realizable grazas á sua perfecta fabricación francesa.

Sabía que algún día atoparía con algo que o pincharía, que explotaría polo desgaste ou simplemente o cambiarían por un novo. Eso non o molestaba. Ante todo había que tirar do camión e el era consciente de que nalgún momento el sería incapaz de facelo. O longo da súa vida tivera bastante sorte. Pasara sobre 3 puntas e 5 botellas de cristal sen pinchar. Centos de pedras romperan baixo as súas rodas e incluso cortara xeo vestido de cadeas. Tiña unha vida de experiencias ás suas espaldas, e ir a durmir o soño eterno a un cementerio non o asustaba o máis mínimo.

Un día escoitáralle dicir a un camioneiro que as rodas xa non se queimaban, que seica contaminaban moito. Agora cortabanas en anaquiños moi pequenos e reutilizabanas para asfaltar as autopistas. Isto a Hule pareceulle marabilloso, case lle daban ganas de pinchar. Por fin deixaría de mirar a estrada dende fora, de acariciala, de bicarlle os labios. Por fin, unha vez morto se fundiría con ela, aínda que para iso tivese que deixar de ser unha roda de camión con tracción, para sempre...

0 queixas sen sentido:

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats