15 de mayo de 2010

Combustión espontánea


Os dous anaquiños de madeira comunista míranse como se deben mirar as árbores cando una avella transporta o seu polen ás flores da outra. Falan sen necesidade de palabras. A súa forma idéntica pero o mesmo tempo tan diferente dío todo. Son uns tristes e sosos pauciños sen cor nen verniz. Nunca coñeceron nada diferente. Coñeceran outros pauciños, pero nunca lles pareceran tan diferentes. Todos os pequenos pauciños saídos en serie da madeireira eran idénticos. Están un fronte o outro, sen verniz, vense.

Míranse e falan, e a cada palabra cores cambiantes aparecen sobre a superficie de ambos, pintándo un cadro que enseguida desaparece para ser substituído por outro. A fría escaleira de cemento do edificio soviético non é capaz de enfriar a calor que as súas palabras e miradas xeran na fría noite Lituana. 

Os pauciños achéganse, pouco a pouco. Cada vez están máis preto. A medida que a distancia que os separa se vai reducindo, un halo, que comezara a rodealos minutos antes, comeza a crecer e facerse mais mesto en torno a eles. É da cor que debe de ter a confianza, soa como debe de soar a alegría, ule como un campo de rosas en plena explosión floral de primavera, desprendía o calor dun forno siderúrxico vasco.

Os pauciños achegándose. A aura cambiando e crecendo, expandíndose a través do burato da escaleira. As cores dos pauciños variando entre todas as tonalidades coñecidas e algunha por coñecer pola raza humana, imperceptible para os nosos imperfectos ollos. A temperatura da fría escaleira de cemento disparándose por momentos. Finalmente os pauciños atópanse nun abrazo. Fúndense xerándo unha explosión inaudible que resoa en todo Vilnius.

Un arco iris omnidireccional nace nese chanzo, nese preciso instante, e expándese enchendo de cor, olores e sensacións de benestar a toda a capital Lituana. Na escaleira, os pauciños incéndianse nunha combustión espontánea conxunta. Pero non é lume o que os queima. A lo menos non lume como o coñecemos os seres humanos. 

Os anaquiños de madeira fúndense nun líquido multicolor. Pasan a formar una unidade viscosa que pouco a pouco vai recobrando a súa forma de pauciño orixinal. A aura vai diminuíndo, pouco a pouco, ata desaparecer. En Vilnius todo o mundo abraza a persoa mais próxima.

Hule abre os ollos. Esta abrazándoa moi forte. Bicando a súa meixela. Pode sentir a súa respiración, o seu calor, a súa pel suave. Apertaa forte. Quixera fundirse con ela nese mesmo momento. Ule como debe ulir no ceo. A súa pel é suave como deben de ser as nuves no paraíso, o seu corazón late tranquilo sabéndose segura entre os brazos del. El está un chanzo mais abaixo que ela.

É una estrela pequeniña, desas que a el tanto lle gustan. Atopáraa había tempo, mirando o ceo de Compostela, pero fora nas últimas semanas, descubrindo que o ceo se ve diferente dende as praias Lituanas, cando Hule descubrira que xa so quería mirala toda a noite. Descubrira novas tonalidades nela, tonalidades que Hule descoñecía. Tiña un brilo que non chegara nin a advertir en Compostela. Deuse conta de que pasaba os días esperando á noite para poder mirala outra vez.

Noite tras noite buscábaa e ela deixábase ver, con todos os seus raios brilando esplendorosos, tapando calquera outra luz na retina de Hule. El achegábase e ela deixábase atrapar no seu abrazo.

Afrouxan a aperta. Separan as súas caras, despaciño. Rozando as súas meixelas. Sentindo cada centímetro de pel que acariña cada centímetro de pel. Pouco a pouco vanse separando hate que quedan fronte a fronte. As mans de Hule na súa cintura, as dela na nuca del. Fronte a fronte. Mirándose ós ollos. As caras tan xuntas que os seus narices case se tocan. As pupilas del expándense como auga derramada nun chan pulido mirando os ollos dela, que deben de ser da cor do mar nun amencer nas praias de Compostela, xusto no sitio onde o ceo se xunta co mar. Acercan os seus beizos.

No chan, o lado do pe dela, hai un anaquiño de madeira sen vernizar da cor da pel dunha vaca frisona.

1 queixas sen sentido:

Carla Capeáns dijo...

O seu anaquiño de madeira nunca vira nada semellante. Todo para ela era novidade. Non sabía camiñar, nin falar… tan só escoitaba.

Pero escoitando tamén se aprende, non si?

ELA quere aprender a berrar, a correr, a brincar, a ulir as margaridas que medran ao seu redor… Quere sentirse ben, como cando abre o paquete de fariña e lle entra a tentación de sentila entre os dedos. Pero ten medo a non saber distinguir.
Ten medo a tantas cousas… A non sentir o que sinte o outro taquiño de madeira, a perder a confianza de falar – escoitar durante 3 horas, 20 minutos e 5 segundos. Pánico a perder ese cariño e ese arrecendo a boa amizade si neses últimos 5 segundos a resposta navega cara unha cidade sen porto.

ELA quixera parar o tempo para pensar…pero é débil. Ou quizais ninguén lle ensinou a pensar.
ELA quixera rir e non chorar.
ELA quere sentar; quere coller un libro e sentir a flexibilidade da herba cando os seus pés boten a correr polo xardín.

EL colle un libro e senta a ler.
ELA le para diante, buscando un fin para ese conto.
- Que é o que buscas? Un final bo ou malo?
- No país das escaleiras soviéticas non existen os finais malos.

Aínda que ELA erre ao pisar ese último chanzo sabe que EL sempre estará no empece desa escaleira caracolada para dicirlle: “confía en ti”.

Publicar un comentario

 
Free counter and web stats